miércoles 14 de marzo de 2012

"A relaxación e o Xestas, rivais desta semana"

Os 9 últimos puntos acadados de 9 posibles, otorgaron ó DCM un colchón de 7 puntos sobre o descenso. O equipo cumpríu con creces o seu traballo nestes primeiros partidos da segunda volta. Pero iso pode provocar que os nósos comecen a calificar algún que outro tropezón como asumibles. É certo que a renda obtida vai permitir algún tropezo ós nósos, pero todavía é moi cedo para gastar esa vantaxe, e máis cando o calendario fai que os nósos visiten nesta xornada ó penúltimo clasificado, o Xestas, dando a posibilidade de incrementar todavía máis a vantaxe cos postos de descenso.

Esa sensación xa estivo algo presente ante UrbaOsCabazos, onde o equipo non acabou de estar metido de cheo no encontro ata que as cousas puxéronse moi negras e houbo que poñer toda a carne no asador para remontar.
Por iso, os rosiñas deben saber que todavía non hai nada feito, que toca seguir loitando cada partido como unha verdadeira final e só cando as matemáticas aseguren a permencia, poderá falarse de algo de relaxación.
Ademáis, segue tamén moi vivo o outro obxectivo do equipo esta tempada, a deportividade. De momento os nósos presentan uns números moi aceptables, pero non poden esquecerse nin un partido da importancia de non ver cartóns, xa que de momento outros rivais como o Acerón levan vantaxe na clasificación xeral (con tan só 3 tarxetas amarelas).

O rival, chega dunha xeira negativa de resultados, penúltimo na táboa, e ademáis con dous sancionados esta mesma semana; pero este partido ante o DCM é unha das súas últimas opcións de achegarse á permanencia, polo que será un rival moi perigoso. Na ida os nósos sumaron ante Xestas a súa primeira victoria na categoría, por un axustado 1-0 con gol de Pablo.

O DCM chega coas baixas de Quique e Yago. O resto, salvo contratempo, deberían formar parte da convocatoria.

Imos rapaces! Hai que continuar coa xeira! Partido moi importante!

DOMINGO ÁS 14:00 HORAS NO PAVILLÓN DE LAVADORES

lunes 12 de marzo de 2012

“Unha vitoria para abrir oco” DCM 5-4 UrbaOsCabazos

A fortuna quixo adicar unha última vitoria a Quique no día da súa despedida como rosiña polo que resta de tempada. Os seus compañeiros non estiveron finos, pero un chisco de sorte decantou un partido de moitas ocasións e onde o traballo defensivo de ambos equipos deixou moito que desexar.

Chegaba o DCM algo confiado a esta 19º xornada do campeonato. As tres últimas xornadas sen perder ante equipos poderosos, facía pensar ós nósos que enfrontarse a un dos equipos que ocupan o descenso sería moito máis sinxelo.
Era o último encontro de Quique antes de marchar a terras austríacas, pero o seu nocello e o axustado do marcador non lle permitiron despedirse no terreo de xogo.

Urba saíu dominando. Movían o esférico de banda a banda con bastante axilidade. O DCM deixaba facer, defendía colocado e iso era suficiente para que o rival non levase excesivo perigo cara a meta de Jorge. Cando a posesión era Dcmista, Urba pechábase tamén en campo propio e os minutos transcorrían con poucas ocasións.
Pero o maior dominio de Urba e a falta de contragolpes dcmistas que a diferenza doutros partidos, non eran quén de recuperar nin un só balón, foron inclinando o campo cara a portería de Jorge.
Cada vez o DCM saía menos de campo propio. Cada vez Urba atopaba máis ocos e menos intensidade dos rosiñas. Consecuencia diso chegaría o primeiro gol, nun disparo franco dende a frontal da área do atacante rival tras machar con moita facilidade da primeira liña de presión dcmista. 0-1.
O gol trouxo consigo os peores minutos do DCM no encontro. Por fortuna, o rival non foi decididamente a polo partido, senón que continuaba buscando as ocasións con calma e longas posesións de balón. Sufríu moito o DCM neses minutos, onde incluso os visitantes lanzaron por mediación do "Rubio" un balón ó pau, pero por fortuna o marcador non se moveu.
E minutos antes do descanso, o equipo volveu espabilar. Chegaron un par de ocasións e nunha delas, Vare abría cara Pablo quen dende banda esquerda metía un balón a media altura para a chegada de Emi pero o centro petaba na man do rival e Arango asubiaba o penalti.
Emi transformaba e facía o empate xusto antes do descanso 1-1.

A segunda metade comezaría moi ben para os intereses dcmistas. Por fin o equipo lograba unha contra moi ben levada por Pablo que servía para que Pani culminase tras unha gran carreira dende atrás con agarrón incluido. Era o 2-1.
Pero respostou Urba e de que maneira. En escasos minutos ía facer 3 goles en sendos erros defensivos que levaban o partido ó 2-4. Un deles tamén chegaría de penalti cometido por Jorge tras un balón rexeitado.
O partido estaba moi costa arriba para os dcmistas.
Tocaba facer unha xesta. O equipo volcouse, pero os seus primeiros intentos de reducir diferenzas foron nulos e o que tivo as ocasións máis claras foi Urba quen puido sentenciar o partido pero errou na definición.
Pero de novo, o igual que sucedera nos últimos minutos da primeira metade, o equipo rexurdíu. Vare recurtaba distancias con tiro cruzado dende a frontal tras pase de Emi 3-4.
O empate chegaría tras parede de Pablo con Vare quen devolvía para que Pablo anotase a porta baleira 4-4.
Pedíu entón tempo morto o DCM. Estaba feito o máis difícil, pero agora o equipo recuperara o seu nivel habitual e podía aspirar a máis.
O rival cometeu unha falta en tres cuartos de campo. Vare sacaba cara Pablo quen buscaba o lanzamento dende banda esquerda, e Chape con gran intuición tocaba co calcaño dito disparo para superar ó porteiro. Golazo de Chape e victoria Dcmista por 5-4.

Esta victoria serve para rachar un chisco a clasificación. O DCM queda a 7 puntos do descenso e a vindeira semana visitará ó penúltimo.
Partido tamén de gran importancia antes de afrontar unha serie de encontros ante rivais da zona alta.
Agardemos que os nósos aprenderan que deben estar ó 100%.

Quedan coas imaxes do partido!
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120310DCMOsCabazos?authkey=Gv1sRgCN-5lp-h9NPh1wE

viernes 9 de marzo de 2012

"Moito máis que tres puntos" DCM - UrbaOsCabazos

A cuarta xornada desta segunda volta (19º do campionato), ofrécenos mañán sábado ás 18:00 no pavillón de Manuel Antonio un partidazo pola permanencia.
E é que en caso de vencer, o DCM deixaría moi tocado ó rival que agora mesmo é o que marca o descenso. Un rival que foi o primeiro en permitir sumar puntos ós dcmistas nesta primeira división, tras un empate 1-1. Naquel encontro, un vello coñecido dos nósos, ex de Mun2 Guadarrama mancouse na primeira xogada do partido, pero seguro que mañán porá as cousas moi difíciles ós nósos defensas e a Jorge, como facía en tempos pasados.
Ademáis, será a despedida de Quique coa elástica Dcmista para o que resta de tempada pola súa viaxe ó estranxeiro. Unha pequena escordedura de nocello no adestramento de onte o convirte en dúbida, pero de seguro que as súas gañas de desputar uns últimos minutos cos nósos fan que entre na convocatoria.
Será tamén o segundo encontro de David cos nósos.
O resto (agás Yago), e salvo baixa de última hora estarán a disposición do adestrador.

Partidazo por todo o algo.
A permanencia en xogo!!! E a despedida de Quique!!! non o perdan!!!

SÁBADO ÁS 18:00 NO PAVILLÓN DO MEIXOEIRO!!

lunes 5 de marzo de 2012

“Escalando posicións” T.Cahersa 0–4 DCM




O DCM logra nesta 18º xornada unha importantísima victoria que os sitúa nunha zona tranquila da táboa (9º). O equipo consegue dúas victorias consecutivas por primeira vez na tempada, remata coa portería a cero por segunda vez e leva xa sete puntos máis que na primeira volta. David debutou facendo un partido moi serio e deixando claro que o clube acertou coa súa fichaxe. Co paso dos partidos será peza indispensable na defensa.

Con intensidade defensiva e efectividade en ataque, levouse o DCM o encontro ante un rival directo que pesoulle moito ir por detrás no marcador.
Oito xogadores formaron a convocatoria do equipo. Yago e Emi eran baixas e David estreábase coa elástica rosiña.
Os primeiros minutos foron de tanteo. Ambos equipos deixaban xogar ó adversario sen chegar a inquedar ós seus respectivos gardamallas. O DCM atopábase cómodo e soubo ver que debía manterse firme en defensa e aproveitar algún despiste do rival ou algunha boa combinación do equipo.
E así sería. Ós cinco minutos, un balón controlado por Vare na súa propia parcela, convertiríase no primeiro gol ante as facilidades defensivas que deu o rival, e é que o defensa dcmista observaba a posición adiantada dos rivais e servía un balón en longo que superaba ó marcador de Quique e deixaba, ó hoxe dianteiro dos dcmistas, só ante o gardamallas. Quique non perdoaba e facía o 0-1. Gran xeira goleadora a que leva o 9 antes de marchar cara o estranxeiro.
Por diante no marcador, as cousas eran máis sinxelas para os nósos que centráronse na defensa e limitaban a contragolpes o seu traballo ofensivo.
E máis de cara poríase a cousa intres despois, cando Pablo loitaba con moita fé un balón aparentemente sinxelo para a defensa local e facía o 0-2.
Debutaba entón David co dorsal 6 nas costas co equipo dcmista.
O rival deu un arreón e comezou a crear perigo, pero o propio David apareceu providencial en dúas ocasións para curtar o ataque rival. Tamén Chape e Xmon estiveron moi acertados en defensa.
Respostou o DCM a ese arreón dos locais cun novo gol de Pablo quen aproveitaba un preciso servizo de Jorge de saque de portería (moi preciso o gardamallas dcmista onte nos saques en longo). 0-3 e doblete de Pablo.
Moi duro o golpe para o Cahersa cando máis intención estaban a pór en recurtar diferenzas.
Desapareceu entón do partido o equipo local e o DCM tivo máis ocasións claras. Quique errou un pase da morte de Pablo e un man a man co gardamallas (o que provocou duras críticas das siareiras jeje) e tamén lanzou un balón ó pau.
Pero xusto antes do descanso, sentenciaba o DCM aproveitando outro balón en longo cara Pani que conectaba unha fermosísima volea. 0-4

Tralo descanso máis do mesmo.
Incapacidade dos rivais para crear excesivo perigo e contragolpes dcmistas que desta vez non atoparían porta.
Tan só o colexiado puxo algo de emoción ó encontro ó asubiar 5 faltas ós dcmistas con moitos minutos por diante. Pero iso centrou todavía máis ós nósos en defensa e souberon aguantar sen cometer a sexta infracción.

Con esta victoria o equipo escala posicións, colocándose 9º. Agora o obxectivo é asentarse nesta zona tranquila da táboa. Para iso, serán claves os vindeiros dous encontros ante dous rivais que ocupan actualmente postos de descenso (Urba e Xestas). Dúas victorias significarían achegarse moitísimo ó obxectivo dcmista.

Só queda agradecer ás afeccionadas a súa presenza e o almorzo que levaron ós xogadores pola victoria :)

Quedan coas imaxes do encontro no seguinte enlacer por cortesía da nosa fotógrafa:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/040312TCahersaDCM?authuser=0&authkey=Gv1sRgCLOc-auf7qST4gE&feat=directlink

jueves 1 de marzo de 2012

“Na búsqueda de estabilidade” T.Cahersa – DCM



Na 18º xornada de liga, o DCM buscará estabilidade estructural e clasificatoria.

Para lograr a primeira de elas, o equipo ven de pechar a contratación dun novo xogador que se une á familia Dcmista. Trátase de David Santos, xogador de vocación defensiva, con xuventude e boa planta. David chega avalado polo presidente e polo seu irmán Pablo, que se incorporou ó DCM en setembro e xa se converteu en peza fundamental deste equipo. Con esta fichaxe, o plantel Dcmista chega ós 10 xogadores, o que en principio permitirá levar con maior versatilidade a habitual baixa de Yago e a probable futura baixa de Quique.
David xa conta co transfer para debutar este mesmo domingo.

Por outra banda, e asimilada xa a gran victoria ante Piedrajoya, o equipo busca refrendar ese bo facer con tres novos puntos que serán esenciais para continuar ese intento de fuxida dos postos de descenso, algo que de momento non está a ser posible polo bo facer de tódolos equipos da zona baixa.
Unha victoria ante Cahersa, sí permitiría obter un mínimo colchón para afrontar dificultades futuras.
O rival, atópase dous puntos por encima dos nósos, polo que falamos dun rival directo pola loita da permanencia. O talleres cahersa, tiña escapado un chisco nas últimas datas, pero as dúas derrotas sufridas o pasado fin de semana ante Mazda 0-4 e JesúsCao 3-5 (tiña un partido atrasado), o meten de novo en dificultades.
Na ida, xa conseguiran vencer ós Dcmistas nun partido moi igualado que se decidíu despois de moita polémica e unha desafortunada xogada para os nósos pola lesión de Jorge.

Para este encontro, o equipo contará coas baixas seguras de Emi e Yago. Agárdase que todos os demáis poidan entrar na convocatoria, incluíndo a David, que podería estrearse coa elástica Dcmista.

Moitísimo por ver neste igualado encontro. Non o perdan!!!
DOMINGO ÁS 10:00 HORAS NO PAVILLÓN DE BEMBRIVE

lunes 27 de febrero de 2012

"Orgullo Dcmista" DCM 4-3 Piedrajoya




Un moi mermado, pero extraordinario DCM, vence un encontro dos que fan historia para manterse vivo na pelexa pola permanencia. Os seis valentes convocados, liderados por un fantástico Quique, traballaron sen descanso durante os 50 minutos para derrotar ó segundo clasificado da liga. Os nósos deben sentirse moi orgullosos de sí mesmos, e desfrutar esta victoria. Por desgraza, os rivais directos non ceden e a permanencia continúa estando moi moi cara.

Jorge, Chape, Vare, Quique, Pablo (tocado) e Pani (falto de descanso), foron os artífices do acontencido onte na pista do Berbés (onde tras dous encontros, o equipo mantense invicto). O malestar físico de Pablo antes do inicio do partido, a entrada in-extremis na convocatoria de Pani, e o poderío do rival (segundo clasificado e cun amplo e potente plantel), facían presaxiar unha avultada derrota dos dcmistas que os levaría directos ó pozo da división.
Así pois, o equipo saltou á pista coa intención de cubrir o trámite. A curta convocatoria únicamente deixaba opción a xogar pechados atrás, tentando minimizar o desgaste físico.
Esa situación, provocou (ó igual que na ida) que o rival non atopase a maneira máis axeitada de crear perigo ante a portería de Jorge. O esférico pertencía totalmente ó Piedrajoya, que movía con velocidade e calidade, de banda a banda, desgastando moitísimo ós nósos. Pero comezaban a pasar os minutos e o electrónico non se movía. O DCM foi mellorando sobre a marcha. Encontrou a maneira de que o desgaste fose menor detrás do balón e comezaba a atopar a maneira de crear ocasións illadas. Os desmarques ás costas da defensa, e aproveitar os despistes rivais nos cambios, nos saques de banda... provocados pola sensación de superioridade, foron as armas.
Así chegarían a primeiras ocasións locais. Un par de balóns en longo que Pablo atopaba ás costas de defensa, e un saque de banda de Quique cara a incorporación dende atrás de Vare (tentando imitar o gol de Quique da semana pasada). Foron só avisos, pero que daban esperanzas ós dcmistas.
O rival seguía sen atopar a forma, continuaban cunha posesión estéril do esférico.
E de novo aparecía unha das ocasións illadas do DCM. Quique aparecía por banda dereita do ataque dcmista e con moitísima calidade picaba o balón ante a saída do gardamallas rival facendo o 1-0.
As sensacións seguían sendo as mesmas. O equipo mandaba no electrónico pero semellaba cuestión de tempo que o rival atopase a forma de crear perigo ou que as forzas Dcmistas non deran para aguantar o ritmo. Pero de momento, o DCM seguía traballando.
O rival atoparía un camiño para desatascar o seu ataque colocando un pivot en área rival. O atacante do Piedrajoya, moi superior físicamente ós nósos, anotou no primeiro balón que recibíu. Revolveuse con potencia e Chape pouco tivo que facer. 1-1.
Pero de novo o DCM mellorou sobre a marcha. Foi buscando solucións para solventar eses problemas, e cun bo traballo defensivo tapou esa vía de ataque que atopara Piedrajoya.
E de novo aparecería Quique en xogada illada, para aproveitar un balón rexeitado en primeira instancia pero recollido por Pablo que tocaba para que Quique dentro da área tirase de recursos para conectar un taconazo que coábase na porta rival, 1-2.
O DCM devecía por chegar ó descanso con este marcador, pero no último minuto da primeira metade, De la Cruz sinalaba unha falta na forntal por dubidosas mans de Quique. O atacante disparaba polo lado do porteiro e o balón coábase con fortuna entre as pernas de Jorge, que quedaba tendido no chan doéndose do "baixo ventre" XD. 2-2 e descanso.

O equipo seguíu mellorando cada vez que Piedrajoya atopaba a fórmula para crear perigo. No tramo final da primeira metade, o rival optou por presionar en todo o campo e dificultaba a saída do balón dos dcmistas, quenes tentaban saír con pelotazos, pero a superioridade física dos defensores rivais facía imposible chegar a algún balón por alto. Por iso, o equipo atopou a maneira de saír, raso por banda.
Así quitouse a presión dos últimos minutos de antes do descanso, e asentouse de novo no partido.
A segunda parte comezaba cun xogadón do equipo rosiña. Pablo (enorme no traballo de aguantar o esférico), agardaba ata a chegada de Vare dende atrás aproveitando un gran aclarado de Pani. Vare recibía e tiraba a parede co propio Pani quen devolvía un fermoso balón dentro da área, pero incomprensiblemente o defensa dcmista estragaba a ocasión lanzando fóra.
Perdoaba o DCM e non o facía agora o rival, que aproveitaba un erro na saída dende atrás de Quique e Pani para marcar a placer. 2-3. Semellaba que o partido xa era para o Piedrajoya, que estaba por diante por primeira vez e tiña enfronte a uns dcmistas agotados. Pero os nósos non se conformaron e sen presión algunha seguiron loitando. E pronto conseguirían un importante gol por mediación de Pablo tras xogada persoal dun incombustible Quique, 3-3.
Co empate, o partido foise caldeando tras un pique de Pablo cun defensa rival. De la Cruz, equivocábase para ambos lados segundo a forza das protestas. O partido era xa tolo, de toma e daca por ambos lados. O DCM resistía en defensa cun traballo encomiable a pesares do cansanzo e das dores (como a de Jorge tralo golpe de antes do descanso).
E consecuencia deses rifi rafes, o rival chegaba á 5ª falta. Intres despois, Pani tentaba saír dende atrás co esférico e o rival golpeáballe o xusto para que despois de varias protestas, De la Cruz accedese a pitar a falta e o correspondente doble penalti. Quique asumía a responsabilidade e convertía por baixo. 4-3 e dous minutos para o final.
Aguantou con todo o DCM e o asubío final reconfortou ós Dcmistas polo incrible traballo feito.

Noraboa rapaces. Por vitorias como a de onte merecen a pena os esforzos. Tres puntos vitais para manterse vivos na loita. Agora a pensar no seguinte.
Máis dificultades para os dcmistas, que manteñen todavía as baixas de Yago e Emi para recibir o T.Cahersa, á que podería unirse a de Jorge dependendo do horario do encontro.
As boas novas chegan por outra banda, e é que a directiva xa ten o visto bo do plantel para a incorporación dun novo xogador. O candidato xa está enriba da mesa. Trátase dun xogador con tendencia defensiva, boa planta, serio, comprometido e que xa ten informacións do equipo. Agardemos que o Presidente consega convencelo para a súa incorporación ó proxecto dcmista antes do mércores (día no que se pecha o prazo de fichaxes).
Manterémosvos informados.

jueves 23 de febrero de 2012

"Coa auga ó pescozo" DCM - Piedrajoya



Coa auga ó pescozo, así é como afronta o DCM esta 17º xornada de liga, ó atoparse cos mesmos puntos (16) que os que ten Wapichi (equipo que ocupa un posto de descenso), e é que a pesares da melloría dcmista neste 2012, semella que os nósos non foron os únicos en mellorar, e é que todos os equipos da zona baixa incrementaron o seu rendemento e estan a sacar puntos en todas e cada unha das xornadas poñendo cada vez máis cara a permanencia.

O rival desta semana non semella o máis idóneo para escapar do pozo, xa que estamos a falar do 2º clasificado da categoría, que só cedeu dos empates e dúas derrotas. É ademáis o segundo máximo anotador da liga e xa venceu ós nósos na ida por un apertado 5-4.
Naquel partido, Piedrajoya fora moi superior ós dcmistas na primeira metade, pero non foi quen de superar a poboada defensa dcmista, chegando ó descanso co 1-1. Na segunda metade o partido abríuse e chegaron máis goles. A falta de 30 segundos o DCM conseguía empatar a 4, pero na derradeira xogada, o rival levaba os 3 puntos.

O DCM debe loitar de novo con todas as súas forzas por conseguir sumar. Conta coas baixas de Emi e Yago confirmadas, e probablemente tamén a de Xmon, pero o equipo xa soubo adaptarse a estas baixas durante un par de meses na primeira volta, polo que agardamos que regrese un DCM algo máis rocoso, pero sen dúbida con máis soltura ofensiva e menos erros en defensa que nesa citada primeira volta.
Este equipo sempre respostou en momentos difíciles e agora tocalle facelo unha vez máis. Imos rapaces!


DOMINGO ÁS 11:00 HORAS, PAVILLÓN DO BERBÉS